Movistar rematou o despregamento 4G en Vigo

movistar 4g

Dende xa mesmo, todas as viguesas poden desfrutar da rede 4G de Movistar en todos os seus barrios, pois empresa vén de anunciar que esta semana remataron o despregamento na cidade. Para conseguir isto, melloraron 42 das estacións base urbanas que xa existían pero até o de agora só traballaban con redes 2 e 3G. Movistar tamén conectou estas estacións á súa rede fibra óptica, mellorando así o trafico de datos en situacións de alta demanda.

Pouco a pouco van demostrando o seu compromiso de modernizar a súa rede móbil, facendo fincapé na expansión das redes 4G a outros puntos da nosa comunidade, logo do cal, mellorará a cobertura en interiores. Durante este ano investirá máis de 16 millóns de euros para levar 4G ao 87% dos galegos, tendo xa operativas nas grandes cidades da Galiza máis de 150 estaciones base con banda ancha móvil ultrarrápida.

Sobre o autor

No Responses

Reply