Xa sabemos os prezos do S6 e S6 Edge

O domingo, Samsung presentou a renovación do seu flagship, o Galaxy S6 con moitas novidades que xa vos contamos polo miúdo neste artigo, aínda que hoxe teremos unha aproximación moito máis de preto. Hoxe queremos compartir con vós os prezos que recomenda a compañía coreana, que segundo o modelo e capacidade que elixamos, os prezos varían da seguinte maneira:

samsung galaxy s6

Galaxy S6

  • 32 GB: 699€
  • 64 GB: 799€
  • 128 GB: 899€

samsung galaxy s6 edge - 1

Galaxy S6 Edge

  • 32 GB: 849€
  • 64 GB: 949€
  • 128 GB: 1049€

Con todo, ambos trebellos estarán dispoñíbeis con diferentes operadoras, polo que podería ser máis barato. Até o de agora só Orange e Vodafone se pronunciaron ao respecto, a segunda anunciando que terá a exclusiva do S6 Edge en branco.

Sobre o autor

No Responses

Reply