Google Contacts, o novo xeito de organizar os nosos contactos

contacts

Con (máis que) relativa frecuencia escoitamos frases como “perdín/roubáronme o móbil, pasádeme os vosos números”. E malia que o repetimos unha e mil veces, non nos cansamos: o mellor é ter os contactos “no Gmail”, para que se nos sincronicen na nube e teñamos sempre un back up e acceso (e sincronización) a estes tan só iniciando sesión.

Con todo, xestionar os contactos desde Gmail non é demasiado cómodo: hai que iniciar sesión na nosa conta de correo e logo facer varios clics para chegar á xestión de contactos. Para solucionar isto Google vén de anunciar unha nova interface para Google Contacts, accesíbel desde unha url nova.

contacts 2

O acceso directo aos contactos do Gmail non é a única novidade que achega Google Contacts, pois a interface é totalmente diferente á que estabamos acostumadas, apostando por unha política de tarxetas semellantes ás de Google Now. Do mesmo xeito, Contacts mellora a xestión dos duplicados e actualiza automaticamente os datos dos nosos contectos se descubre que fixeron cambios.

contacts 3

A maior novidade é que engade un historial de conversas, correos e citas para cada contacto, ao que poderemos acceder desde a tarxeta correspondente, e que pode ser de certa utilidade para algunhas persoas.

Se queredes probar Google Contacts podedes facelo desde xa mesmo nesta ligazón. Que vos parecen os cambios?

One Response

  1. Maruxiña 4 Marzo, 2015 Responder

Deixa un Comentario