Kazam amosa o Tornado 552L, un terminal de gama alta

KAZAM TORNADO 552L

Durante a visita ao Mobile World Congress, tivemos a oportunidade de coñecer unha interesante proposta da empresa Kazam para tentar competir gama alta. Este smartphone é o Tornado 552L do que podemos destacar as seguintes características:

KAZAM Tornado 552L
Elegante deseño metálico, cun grosor de 5.5mm
Procesador de 8 núcleos a 1.7Ghz
Cámara principal de 13MP e unha frontal de 8MP cunha nova lente máis potente (Magic Focus)
Flash LED
Audio DTS
Android 5.0 Lollipop

Polo de agora non temos moita máis información das especificacións técnicas, pero si podemos adiantarvos algunhas das prestacións que ofrece a marca. Por exemplo, queremos destacamos os tres anos de garantía e a posibilidade de cambiar a pantalla durante o primeiro ano, o que sempre é de agradecer.

O Tornado 552L poderase mercar en toda Europa e farase un anuncio en cada país coincidindo coa dispoñibilidade nas tendas.

Sobre o autor

Reply