O novo Chromebook Pixel chegará a semana que vén

650_1000_1-4

Nas últimas semanas escoitamos moitos rumores sobre o lanzamento inminente dun novo Chromebook Pixel, que vén a ser o gama alta dos portátiles que empregan o sistema operativo ChromeOS, unha declaración de intencións do que é posíbel facer con este tipo de trebellos.

Nunha entrevista exclusiva a El País durante a súa estancia en Barcelona, Sundar Pichai confirmou que a semana que vén veremos este novo produto hardware de Google, enfocado a desenvolvedores. Terá sen dúbida especificacións de primeira; segundo os rumores empregará un procesador Intel Core M da familia Broadwell sen ventiladores, terá unha pantalla táctil de alta resolución de 12,85 polgadas HD e USB 3.1 Type C (os novos USB reversíbeis).

Pensades que un dispositivo como este pode sustituír aos ordenadores tradicionais?

Deixa un Comentario