MTX Connect, a SIM con datos ilimitados para viaxar por Europa

mtx sim

Se viaxamos ao extranxeiro e queremos ter acceso á rede, temos varias opcións. A máis natural é viaxarmos cunha SIM local que dispoña dalgunha tarifa optimizada para accedermos a Internet fóra do Estado español, como unha tarxeta prepago de Orange coa tarifa Go Europa, que ofrece 100 MB/día por 1 €, cobrando só os días que nos conectamos. Porén, para estancias máis longas adoita compensar facerse cunha tarxeta local, xa que na maioría dos países non supoñen moito quebradeiro de cabeza e adoitan ter tarifas máis económicas que as que temos aquí.

A idea da simplicidade é o que ofrece MTX Connect, unha compañía que comercializa unha tarxeta SIM coa que poderemos conectarnos por toda Europa, sabendo a priori o que imos pagar. MTX ten 3 tarifas, para adaptarse a diferentes usos: unha de pago por MB (a 0,10 €/MB), outra de 1 GB de datos a consumir en 30 días por 49,99 € e a súa estrela: internet ilimitado por 10 €/día.

mtx mapa

Como dicíamos antes, esta non é a tarifa máis económica, pois temos opcións como a de Orange moito máis baratas para certos usos, pero o feito de que sexa ilimitada en datos e non teña restriccións de uso permite ás usuarias empregala nun MiFi e conectar todos os dispositivos que leve (portátil, smartphone, tablet…) ou mesmo compartidos entre o grupo que vaia xunto.

Podedes atopar máis información na web da compañía.

Sobre o autor

Reply