Un novo vibrador con cámara permite gravar e retransmitir os orgamos vaxinais

Está todo inventado? Pois semella que non. Hai uns días falabamos do wearable de Pornhub que permite aos rapaces xerar enerxía para recargar os seus trebellos ao tempo que se masturban, e hoxe a industria do sexo sorpréndenos cun vibrador bastante especial orientado ao público feminino.

Falamos do Svakom Gaga Intimate Sex Selfie Stick HD Camera Vibrator (está sen nome…), que é unha revolucionaria evolución do selfie stick mixturado cun vibrador. Está equipado cunha cámara HD que permite tomar selfies ou gravar e/ou facer unha vídeochamada do proceso masturbatorio, desde unha perspectiva moi diferente, xa que se pode ver o interior durante todo o proceso e, por suposto, durante o orgasmo.

svakom_gaga_intimate_sex_selfie_stick_hd_camera_vibrator

No que ten a ver coas especificacións técnicas, o vibrador vén cunha cámara HD 720p con luz LED, batería recargábel por USB e a posibilidade de conectalo ao ordenador para facer as videochamadas en directo, sendo compatíbel con Facetime ou calquera outra aplicación de mensaxería que funcione en Windows, como podería ser Hangouts.

Custa 119,99 libras (uns 165 euros), pero nestes momentos está agotado, polo que se estades pensando en mercar un deberedes apuntarvos nunha listaxe de espera.

Vía

Sobre o autor

Reply