Kyocera amosa un prototipo de smartphone que se carga con luz solar

kyocera

Un dos maiores problemas que enfrontan os nosos trebellos hoxe en día é o da autonomía. Avanzamos en todos os aspectos (potencia, cámaras, deseño…), mais parece que somos incapaces de mellorar as baterías para conseguir unha autonomía que supere, no mellor dos casos, os dous días de uso.

Kyocera semella estar buscando alternativas, e durante o MWC puidemos ver un prototipo de teléfono que se carga coa luz solar que incide sobre a pantalla, concretamente sobre unha placa de cristal transparente que capta os raios para tranformalos en enerxía. Esta tecnoloxía chámase Wysips Crystal.

O mellor de todo é que a tecnoloxía que emprega Kyocera é compatíbel para calquera tipo de pantallas, aínda que polo de agora as limitacións de tamaño fan que “só” valla para entre 3 e 55 polgadas. Isto quere dicir que nos próximos anos poderíamos ver teléfonos de diversas marcas implementendo esta solución, ou algunha semellante.

Seremos quen de prescindir nun futuro dos cargadores?

Deixa un Comentario