Mininovas Android: a malla da semana

Whatsapp elimina usuarios para sempre

whatsapp

Semella que Whatsapp estase poñendo sería con todas aquelas usuarias que non empreguen a súa aplicación oficial. Deste xeito, coñecimos esta semana que hai usuarias que están sendo bloqueados “para sempre”, isto é o que se di pero a ver se non é só un aviso un pouco máis serio, non como último das 24h.

Se todavía empregades apps de terceiros para xestionar as vosas mensaxes de Whatsapp, tede coidado.

Yoigo mellora as tarifas, empeora as subvencións

sinfin yoigo

Esta mesma semana contabamosvos as novidades de Yoigo para as súas tarifas. Como resumimos neste artigo, a que máis atención se levou foi a tarifa “Sinfin” con datos e chamadas ilimitadas.

O que nese momento non soubemos é que coa chegada destas melloras, empeoraron as subvencións de terminais. Con isto non dicimos que non subvencionen, só que a subvención é menor e para moitos vai ser un problema á hora de mercar o smartphone que desexan.

Ice Cream Sandwich só tera soporte até Chrome v.42

ICS.banner

Todas aquelas posuidoras dun terminal con Android 4.0 recibirán como última actualización do navegador Chrome, a versión 42. Deste xeito, ou teredes que actualizar o voso sistema operativo dun xeito oficial ou non oficial ou directamente, mercar un terminal novo pois imaxinamos que este é primeiro paso para que máis apps de Google comecen a quedar sen soporte.

Deixa un Comentario