Primeiras impresións do HTC One (M9)

htc one m9 2

HTC foi o único fabricante que, xunto a Samsung, aproveitou a súa presenza no Mobile World Congress para presentar o seu novo flagship, o HTC One (M9), aínda que seguindo unha estratexia diferente á da compañía surcoreana. E é que os taiwaneses pensaron que non era o momento de facer un cambio radical no seu trebello de referencia, cando menos en canto á estética exterior.

htc one m9 4

Deixando de lado as especificacións técnicas do HTC One (M9), que xa comentamos, tras ter podido fedellar durante un anaco co trebello constatamos que malia a aparente imaxe continuísta souberon perfilar pequenos detalles que fan que a sensación na man sexa aínda mellor; desde logo estamos ante un terminal cómodo, fermoso e cun tacto agradábel.

htc one m9 3

A primeira vista o cambio máis evidente témolo na parte traseira, onde a dobre cámara do M8 foi sustituída por un único sensor de 20 megapíxeles, dicindo adeus aos ultrapíxeles, unha tecnoloxía que desta vez incorporaron unicamente á cámara frontal, co que consiguen unhas selfies de maior calidade e moi ben iluminadas.

htc one m9 2

En canto a software,  incorpora Android 5.0 xunto HTC Sense 7, cunha estética coidada e mellorada, aínda que unha vez máis continuísta, co feed de novas como principal protagonista da capa de personalización.

htc one m9 5

Gustounos especialmente a posibilidade de seleccionar diferentes ambientes (ocio e traballo) para aplicar unha distribución das aplicacións no escritorio diferente en cada caso, unha funcionalidade que pode ser útil para moita xente.

En definitiva, cremos que HTC fixo un bo traballo aínda que desde logo pecou de conservadora. Sería o momento de ter apostado por algo diferente? O tempo nolo dirá.

No Responses

  1. HTC anuncia o One M8S | Mallando no Android 23 Abril, 2015 Responder

Deixa un Comentario