Un primeiro vistazo ao HTC Re Vive

Hai uns días falámosvos do HTC Re Vive, os lentes de realidade virtual que presentou HTC en colaboración con Valve, un dispositivo que puidemos ver de preto nunha sesión privada, malia que non puidemos probar o seu funcionamento.

htc re vive

A diferenza das Gear VR de Samsung, pensadas para usar estando sentados, o modelo de HTC permite seguir os movementos da xogadora por toda unha sala, traducindo estes a movementos das personaxes do xogo. Isto é posíbel grazas a unha chea de sensores colocados en puntos estratéxicos dos lentes, como se pode apreciar na seguinte imaxe.

htc re vive 2

Polo que nos contaron, o sistema de lentes vén acompañado dunha serie de sensores que hai que poñer na habitación para crear a área de xogo, de máximo 20 metros cadrados, que será dentro de onde se situará o xogador. Poucos máis detalles nos deron desde a compañía, seguramente en espera de presentar o modelo comercial xunto unha completa tenda de xogos pensados para poder sacarlle todo o partido.

Semella que a realidade virtual non ten marcha atrás, e xa sexa un sistema sinxelo de cartón como as Google Cardboard ou este evolucionado de HTC, o futuro do ocio e do xogo irá por este camiño.

Sobre o autor

No Responses

Reply