Como extraer o APK dunha aplicación da Play Store

A tenda de Google é moi ampla e nela podemos atopar unha morea case infinita de aplicacións coas que sacarlle o máximo partido ao noso terminal. En ocasións, por decisións que escapan do noso control, as aplicacións son retiradas da tenda oficial. Nesta situación, pode ser tentemos instalar esa app noutro dispositivo, ou pasado o tempo volvela a instalar e xa non podamos. Sexa como fór, o minitruco de hoxe consiste en extraer o apk dunha aplicación instalada para poder gardarla ou instalala sen pasar pola tenda de Google.

O que precisamos son dúas aplicacións:

Una vez que temos estas dúas aplicacións instaladas, primeiro abrimos ApkExtractor e vemos unha listaxe das aplicacións que temos instaladas no noso terminal. Só temos que premer sobre elas, e de xeito automático descarga o apk.

aplextractor 01aplextractor 02

Agora, entra en xogo a outra aplicación. O explorador serve para atopar o cartafol onde ApkExtractor garda os apks xenerados. Este cartafol chámase apkextractor como vemos na captura.

Desta maneira tan sinxela, podemos gardar calquera aplicación que desexemos.

Sobre o autor

Reply