Vivir (e durmir) en Google

capsula sono google

Son de sobras coñecidas algunhas das vantaxes de traballar en Google, entre as que destacan o acceso sen límites a un amplo buffet de comida, o completo ximnasio ou as cápsulas para pequenas sestas. Con todo, a propia empresa na que traballa un mesmo non semella ser o mellor lugar para vivir, aínda que iso non é o que pensan algunhas traballadoras da compañía.

Malia non estar permitido vivir na compañía, hai casos de xente que decidiu levar as vantaxes laborais ao extremo e aforrarse o alugueiro. Segundo Quora, houbo quen chegou a vivir aló 2 anos, intercalando durmidas no coche estacionado no aparcadoiro, comendo nos buffets e duchándose no ximnasio, aínda que sempre se fala en terceira persoa, como un díxome – díxome. Con todo, o deseñador Brandon Oxedine asegura que viviu aló durante 3 meses.

Atopábame nunha situación excepcional, e en Google tiña duchas e comida, que era o que precisaba.

Este home durmía no seu coche, tuneado cunhas cortinas que lle daban a intimidade que precisaba.

Pode que traballar en Google sexa o soño de moitas, con bos salarios e numerosas vantaxes para as empregadas, aínda que cunha cultura de empresa que pode chegar a ser excesivamente invasiva e deixar sen moita vida fóra dese círculo. Levado ao extremo, autocondenarse a traballar e vivir no mesmo sitio non pode ser un principio de autoexcravitude?

Deixa un Comentario