Jiayu S3: pantalla de 5,5 polgadas FullHD, cámara de 13 Mpx e 4G por 225 €

jiayu-s3

O fabricante chinés Jiayu quere que este sexa o ano do seu desembarco europeo, polo que vén de presentar dous novos trebellos que podemos mercar por estes lares. Son o Jiayu S3 e o Jiayu F2, ambos os dous con conectividade 4G compatíbel coas bandas europeas como principal reclamo.

JY-S3 2

O Jiayu S3 destaca polas súas boas prestacións, cunha pantalla de 5,5 polgadas e resolución FullHD (1920 x 1080), procesador MediaTek MT6752 de oito núcleos a 1,7 GHz, cámara frontal de 5 megapíxeles e traseira de 13, fabricada por Sony. Haberá dúas versións, unha con 2 GB de RAM e outra con 3 GB, que ademais tamén leva NFC. O modelo de 2 GB custará 225 euros.

Pola súa banda, o Jiayu F2 é un dispositivo máis modesto. Ten unha pantalla HD de 5 polgadas, procesador MT6582 a 1,3 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e batería de 3000 mAh. As cámaras son de 5 megapíxeles.

Ambos os dous veñen con Android 4.4 KitKat, actualizábeis por OTA a seguintes versións e dispoñen de slots para 2 tarxetas SIM.

Deixa un Comentario