Motorola anuncia o Moto G de segunda xeración con LTE

motorola moto g 2014

Logo da presentación do Moto G de segunda xeración o pasado mes de setembro moitas botamos en falta a inclusión da conectividade LTE,  o chip que permite empregarmos as redes móbiles de cuarta xeración. Porén, esta eiva vén de ser solucinada tras a presentación dunha nova versión do popular smartphone de Motorola que xa inclúe este chip.

Os cambios non van máis aló de empregar un novo chipset, o Snapdragon 410 de Qualcomm, con catro núcleos a 1,2 GHz e arquitectura de 64 bits, e batería de 2390 mAh fronte aos 2070 mAh do modelo estándar. Mantéñense o resto de características, como a súa pantalla HD de 5 polgadas, 1 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna e cámaras de 8 e 2 megapíxeles.

O novo Moto G de segunda xeración con LTE custará 195€, repetindo a estratexia comercial do ano pasado.

Deixa un Comentario