Google Store, a nova tenda de Google para trebellos

google store

Google acaba de lanzar unha nova tenda en liña, a Google Store, un espazo no que poderemos atopar todos os trebellos da compañía. Con este movemento eliminarase o apartado Dispositivos da Play Store, quedando esta tenda adicada unicamente ao contido dixital (aplicacións, xogos, libros, música e cinema).

Na Google Store temos organizado o contido por categorías (teléfonos, tablets, TV e vídeo, Android Wear e Accesorios), polo que nela podemos mercar desde un Nexus 6 a un Chromecast, pasando por fundas ou auriculares para os diferentes trebellos da compañía.

O lanzamento desta nova tenda coincide coa fin da dispoñibilidade do Nexus 5, e cunha rebaixa do Nexus 6, que fica nos 599 €. Cómpre sinalar ademais que todos os produtos da tenda teñen os envíos gratuítos.

Se queredes botarlle un ollo, podedes acceder á Google Store desde esta ligazón.

Deixa un Comentario