Por fin temos con nós o novo Chromebook Pixel de Google

Como xa avanzara Sundai Pichai no pasado MWC, por fin sabemos dun xeito oficial as especificacións do novo Chromebook Pixel que foi presentado esta tarde. O certo é que podería ser unha revisión da primeira versión, pois esteticamente son moi similares.

chromebook-pixel-black-1_200x130

As novidades atopámolas no seu interior pois contamos con dúas versións con especificacións diferentes:

  • Se nos decidimos pola versión de 999$ teremos un procesador Intel Broadwell-U i5 a 2,2 GHz, 8 gigas de ram e 32 gigas SSD.
  • Se precisamos algo máis de potencia, e estamos dispostos a gastar 1299$ teremos un procesdor Intel Broadwell-U i7 a 2,4 GHz, 16 gigas de ram e 64 gigas SSD.

En canto á conectibidade atoparemos, lector de tarxetas, dous conectores USB-Type C e outros dous usb 3.0 cos cales non debemos ter problemas á hora de conectar os nosos periféricos.

chromebook-pixel-hinge-1_200x130

Ademáis queremos sinalar que se fixo unha importante mellora coa batería, conseguindo até 12 horas de autonomía e no caso de ter que facer unha carga de urxencia, con tan só 15 minutos de carga teremos 2 horas de autonomía.

En canto ás dimensión dicir que contamos cunha pantalla 12,85 polgadas e 2560×1700 de resolución e 239 ppi, nun panel multitactil. O seu peso é 1.5 kilos.

Como poderiamos agardar, Google aposta por ChromeOS ese sistema orientado á nube e para non ter problemas de espazo, ven con 1 tera en Google Drive durante 3 anos.

Sobre o autor

One Response

  1. Jonathan 11 Marzo, 2015 Responder

Reply