VAIO anuncia o seu primeiro smartphone

Seguro que todas lembrades os portátiles Sony VAIO. Porén, hai algún tempo Sony desfíxose desa parte da empresa, e VAIO foi integrada noutra firma nipona, aínda que conservando a marca polo seu recoñecemento, de xeito semellante ao que acontece con Lenovo – Motorola.

vaio phone

O primeiro smartphone de VAIO, do que se leva falando bastante tempo, vén de ser presentado, aínda que será posto á venda só en Xapón o 20 de marzo. Trátase do VAIO Phone.

vaio phone 2

O trebello, que lembra moito o deseño do Nexus 4, non destaca especialmente polas súas características. Integra unha pantalla de 5 polgadas con resolución 1280 x 720 píxeles, 2 GB de RAM 16 GB de memoria interna, procesador Snapdragon 410, e cámara principal de 13 megapíxeles. Vén con Android 5.0 Lollipop sen personalizacións, e a súa batería é de 2500 mAh.

Estará á venda por uns 350 euros ao cambio, aínda que tamén se comercializará a través da operadora xaponesa b-mobile por uns 25 €/mes e plan de datos ilimitado.

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply