App do Día, a aplicación que nos permite aforrar moitos cartos

Nestes días, estivemos probando unha aplicación que se chama App Do Día coa que podemos coñecer a golpe de clic, unha aplicación que está de balde ese día, e as que estiveron de en oferta anteriormente.

Ademáis temos dúas interesantes opcións. Unha delas é unha conta atrás que marca o tempo que falta para rematar a oferta e a outra é un contador que nos sinala os euros que levamos aforrado grazas a esta aplicación.

app do dia 02

app do dia 04

Ademáis a app ten unha opción de notificacións para cando apareza unha nova app en oferta, avisarnos e así non ter que estar entrando en App do día a cada momento. Está é unha funcionalidade que atopamos básica.

app do dia 03

Como supoñedes, non sempre atoparemos unha app que sexa do noso interese, pero é unha forma rápida é sinxela de estar ao día en canto a saber sobre aplicacións de balde dentro dese infinito universo que é a Play Store.

App do Día podémola atopar nesta ligazón á Play Store totalmente de balde.

Sobre o autor

Reply