Orange deixa a Galiza fóra dos seus plans para levar o 4G+ no 2015

orange

Aínda que xa sabiamos que Orange marcou como obxectivo levar o 4G estándar a todas as localidades de máis de 10.000 habitantes antes de que remate o ano, o que non estaba claro era como ía ser o despregamento da rede LTE Advanced (ou 4G+), que permite velocidades de conexión moito maiores ca o 4G, duns 300 Mbps en sentido descendente.

A incógnita vense de despexar tras anunciar as dez cidades, ningunha galega, onde poderán gozar do 4G+ durante o 2015. Madrid. Barcelona e Valencia xa dispoñen nestes momentos desta nova tecnoloxía, cidades ás que se sumarán nos próximos meses Sevilla, Zaragoza, Málaga, Palma, Murcia, Las Palmas e Bilbao.

Actualmente no noso país unicamente Vodafone ten activado o 4G+ na cidade da Coruña, aínda que está previsto que proximamente tamén esté dispoñíbel este servizo noutras cidades, como Vigo.

Sobre o autor

Reply