Mininovas Android: a malla da semana

Dropbox tiña un importante erro de seguridade

dropbox

Este erro xa foi resolto no seu momento, pois esta presente nas versións 1.5.4 e 1.6.1 (xa imos pola v2.4.8). O erro era tan importante que os hackers podían acceder tanto aos datos da conta coma aos nosos arquivos.

Este problema foi rapidamente corrixido en canto se lle comunicou a Dropbox, pero queremos que teñades en conta a necesidade de ter as aplicacións ao día en canto a actualizacións para evitar sustos deste tipo.

Meixu MX4 á venta en Phone House

meizu-mx41

Ás veces cando queremos mercar un terminal chinés atopámonos con moitos problemas: onde o reparamos en caso de accidente, como funciona a garantía,… Todas estas cousas poden xogar en contra do comprador.

Esta semana deuse un paso importante. En Phone House xa podemos atopar un dos principais terminais chineses que pode rivalizar coas marcas máis tradicionais e recoñecidas pola maioria, o Meizu MX4 e con tres anos de garantía.

Agardamos que só sexa o primeiro paso para unha mellor comercializacions de marcas como Oppo, Xiaomi e a mesma Meizu.

Sobre o autor

Reply