YouTube xa soporta vídeos 360º. Olla que experiencia!

Unha das bondades que nos trae a realidade virtual é a posibilidade de sumerxirnos nun mundo paralelo, tanto para os xogos como para os espectáculos ou o contido multimedia. Google non quere perderse esa festa e vén de habilitar os vídeos de 360 graos na súa plataforma YouTube, dando pé a unha experiencia moito máis interactiva e diferente a todo o que temos visto até o de agora, como podedes ver na lista de reprodución que abre este artigo.

Polo de agora está dispoñíbel tanto na versión de escritorio como na aplicación para Android, aínda que será cuestión de tempo que chegue a novos dispositivos. Para subir este tipo de vídeos hai que ter unha cámara compatíbel. Recomendan os modelos Giroptic 360camIC Real Tech AllieKodak SP360 ou Ricoh Theta, cunha configuración en alta resolución (24, 25 ou 30 fotogramas por segundo).

Na páxina de faqs pódese acceder a toda a información de requerimentos e procedementos.

Sobre o autor

Reply