Google abre o rexistro para o I/O 2015

IO 2015

Google I/O, a conferencia de desenvolvedores de Google (que se celebrará os días 28 e 29 de maio en San Francisco), acaba de habilitar o proceso de rexistro, que estará aberto durante dous días. Nese tempo adicaranse a recoller todas as solicitudes para logo facer un sorteo para decidir quen entra nas sesións, até completar o aforo do auditorio.

Hai entradas de dous tipos, unha xenérica (900 dólares) e outra adicada a estudantes (300 dólares), para a cal hai que acreditar tal condición antes e, tamén,  durante o evento.

Deixa un Comentario