Movistar completa o despregamento do 4G en Santiago

movistar 4g

Tras A Coruña e Vigo, Movistar vén de anunciar que completa o despregamento da súa rede 4G-LTE en Santiago de Compostela, polo que todas as veciñas e visitantes da cidade poden conectarse a velocidades de até 100 Mbps en todas as rúas e barrios.

Para levar a cabo este traballo Movistar actualizou 22 estacións base da cidade que até o de agora traballaban con redes 2G e 3G, ademais de ter conectado estas á súa rede de fibra óptica para mellorar o servizo de transmisión de datos e ampliar a capacidade do tráfico cursado en situacións de alta demanda.

A actuación forma parte dun investimento de 16 millóns de euros que a compañía implementará ao longo do ano no noso país, e que servirán para levar o 4G ao 87% das galegas.

Deixa un Comentario