Haberá reloxos suízos con Android Wear tras o acordo entre Google e Tag Heuer

carrera

A ninguén se lle escapa o liderado suízo no mundo dos reloxos, con varias marcas relevantes neste eido entre as que se atopa Tag Heuer, un dos fabricantes máis antigos e, a día de hoxe, exclusivos.

Esta empresa reloxeira vén de anunciar xunto a Google e Intel o primeiro reloxo suízo con Android Wear, o que sen dúbida é unha importantísima nova para esta plataforma pensada para os reloxos intelixentes que aínda está nas súas primeiras fases.

Agárdase que este reloxo sexa unha evolución do modelo Carrera (na imaxe), e verá a luz de cara finais de ano, momento no que coeñceremos todos os detalles e tamén o seu prezo, que agardamos se sitúe algo por baixo dos 10.000 dólares da edición máis cara do Apple Watch.

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply