O 2015 non vai ser un bo ano para Qualcomm; os supostos problemas de sobrequecemento que se lle atribuíron aos seus novos procesadores Snapdragon 810 nos últimos tempos eran reais, e as primeiras probas no recén presentado HTC One (M9) así o demostran.
As probas da gráfica superior amosan a temperatura que acadan diferentes terminais de gama alta, entre os que está o citado terminal (único que emprega este procesador) ao correr un benchmark. Como se pode ver, o M9 acada os 55,4 graos, situándose bastante por riba dos seus competidores.
Estes problemas de sobrequecemento levaron a grandes fabricantes como Samsung (e seguramente LG no G4) a empregar procesadores propios no canto de apostar pola opción de Qualcomm, a escolla habitual nos gama alta.
Conseguirá Qualcomm solucionar estes problemas na próxima fornada / xeración de procesadores prevista par este ano, os Snapdragon 820?
E iso que están fabricando con tecnoloxía de 20 nm, se chegan a fabricalo con 28nm habían de facer unha boa churrascada.