Mininovas Android: a malla da semana

Windows 10 poderase instalar en terminais con Android

windows-android

A nós todo o que sexa cacharrear, gústanos. Esta mininova vai por este camiño pois Microsoft vén de confirmar que está traballando xunto con Xiaomi, para facer unha ROM totalmente operativa (até cos servizos de Microsoft) que poderá sustituir a ROM Android que trae o Xiaomi Mi4.

Iso de quitar Android para meter Windwos 10 habería que falalo moito 😉 pero o certo e que abre unha porta interesante: podemos estar dando os primeiros pasar para ver como as ROMs deixanse de comportar de xeito estático, podendo instalas en calquera tipo de hardware.

Cortana tamén dispoñíbel para Android

cortana

Seguimos con Microsoft, porque esta semana tivemos a confirmación de que porán á dispoición das usuarias de Android o seu asistente intelixente, Cortana. Ademáis, é isto xa son rumores, Microsoft estaría a traballar nun versión moito máis potente de Cortana do que só sabemos que o seu nome clave é Einstein. Nada modestas as rapazas de Redmon. 😉

Co paso dos meses veremos que pasa e ficaremos ben atentas para achegarvos todo o que poda ter relación cos nosos Android.

The Top Stick, o pau perfecto para as selfies

Se miramos atrás, e isto xa é unha opinión totalmente subxectiva, pensamos que o tema dos selfies fóisenos das mans. A aparición dos paus para facer selfies, só serve para confirmar a nosa teoría.

Agora ben, hoxe queremos amosarvos un pau que até nos gustou a nós. Non nos vemos cargando cun pau a todas partes para que na meirante parte dos casos fagamos fotos de coña, mal enfocadas, con peor calidade que as feitas pola cámara traseira (normalmente),.. pero este pau que se pode recoller e levar como unha pulseira gustounos moito.

pau selfie

The Top Stick que así se chama, está feito dun material flexible pero resistente cando o estiramos e ademáis conta con conectividade bluetooth. Polo de agora non sabemos o prezo, pero ben seguro que vai dar que falar nos próximos meses.

Deixa un Comentario