Outros usos para o modo avión

No fai moitas datas saltou a nova de que o modo avión, xa non sería preciso empregalo cando viaxamos nun avión aínda que todavía depende da compañía coa que voemos: algunhas recomendan usalo, outras non.

Ao lado desta nova, saltou outra relacionada directamente co uso ou non do modo avión. Esta nova era que se xa non imos ter que apagar a rede do noso smartphone durante a viaxe, ¿que sentido tería seguir tendo está opción nos nosos terminais? Ante esta pregunta, as compañías estarían pensando en quitalo nos vindeiros anos.

modo avion 01

Ao coñecer estas novas, pensamos noutros usos que lle podemos dar ao modo avión, diferentes á aqueles para os que foi ideado nun primeiro momento. Por exemplo, podemos empregalo para:

  • Non ser molestado cando precisamos concentración. Ao longo do día, cando estamos no traballo, estudando ou pola razón que sexa, seguro que precisamos concentración ou tranquilidade. Como modo avión, podemos evitar recibir notificacións cun rápido e sinxelo xesto.
  • Evitar publicidade nos xogos. Moitos xogos que descargamos son gratuitos pero con publicidade. Para evitar as constantes interrupcións (e consumo de datos evidente) podemos xogar en modo avión evitando así a publicidade.
  • Cargar o terminal máis rápido. Se temos pouco tempo e precisamos unha carga rápida activando este modo veremos como o noso smartphone carga en menos tempo.
  • Aforrar batería. Se estamos lonxe da corrente , chegamos ao critico 10-15% de batería e non queremos quedar sen terminal no caso de haber unha emerxencia, podemos poñer o terminal en modo avión, e así alongaremos esa porcetaxe final de batería.

Sabemos que nalgún dos casos anteriores poderiamos apagar o móbil directamente, pero nós eliximos empregar o modo avión, pola inmediatez á hora de activar novamente o terminal.

E vós, poderíades pasar nun futuro sen modo avión?

One Response

  1. Rubenix 23 Marzo, 2015 Responder

Deixa un Comentario