Xa podemos mercar o Asus ZenWatch con Android Wear

Tardou, pero por fin está dispoñíbel. Falamos do Asus ZenWatch que, xunto co Moto 360 e o LG G Watch R, é un dos dispositivos Android Wear máis fermosos entre os presentados até o de agora, aínda que a seu favor xoga un prezo algo máis atractivo: 229€.

asus zenwatch oficial 3

As súas especificacións son bastante semellantes ás que inclúen o resto de trebellos Android Wear: ten unha pantalla de 1,63 polgadas con resolución 320 x 320, procesador Qualcomm Snapdragon 400 a 1,2 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna. Ademais, é resistente á auga segundo a especificación IP55.

A diferenza doutros modelos, Asus distribuíu varias aplicacións pensadas para sacarlle máis proveito ao dispositivo, centradas na personalización e no deporte, aínda que tamén hai un disparador remoto para a cámara.

O novo Asus ZenWatch pódese mercar desde este momento a través da Asus Shop.

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 23 Marzo, 2015 Responder

Reply