Orange lanza a tarifa Colibrí, con tráfico (case) ilimitado para redes sociais

orange colibri

Orange vai camiño de quedar sen animais para nomear as súas tarifas de móbil. A última incorporación é Colibrí, unha opción pensada para sacarmos partido ás redes sociais sen (apenas) consumir datos.

Por 11,95 € ao mes, as usuarias con esta tarifa disfrutarán de 1 GB de navegación 4G con chamadas a 0 céntimos / minuto, aínda que o realmente novidoso é que permite empregar todas as opcións de Twitter e Facebook sen gastar datos da tarifa, cun límite de 10 GB de tráfico. Con tdo, puntualizan que a reprodución de vídeo, navegación por webs externas e chamadas IP en Facebook Messenger non se inclúen nesta parte “ilimitada”.

Aínda que de cara ás usuarias unha opción como a de Orange resulte atractiva, o certo é que este tipo de ofertas son un ataque á neutralidade da rede, de xeito semellante ao que ofrece WTF en Portugal, con acceso ilimitado ás aplicacións de mensaxería instantánea (WhatsApp, Facebook Messenger, BlackBerry Messenger, Snapchat…).

Que vos parece?

One Response

  1. Roi 24 Marzo, 2015 Responder

Deixa un Comentario