Samsung presenta en Galiza os novos Galaxy S6 e anuncia acordos con todos os operadores para a súa comercialización

presentacion galaxy s6 coruña

Samsung presentou esta mañá no noso país os novos Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge, trebellos que se deron a coñecer no Unpacked do MWC e dos que xa vos comentamos as nosas primeiras impresións. O evento serviu para termos unha nova toma de contacto antes da súa posta á venda oficial, o 10 de abril, e coñecermos a estratexia de mercado da compañía.

presentacion galaxy s6 coruña 2

Os novos Galaxy supoñen unha ruptura con todo o que fixera Samsung até o de agora, apostando por novos materiais (metais e cristal), deseño diferente, acabados premium e funcionalidades acordes ao que cabe agardar dun trebello destas gamas. Destacan especialmente as funcionalidades das súas cámaras, con novos modos, e as capacidades de carga (4 horas extra con 10 minutos de carga, carga completa en 80 minutos).

Galiza, obxectivo 2015

O noso país é para Samsung un obxectivo chave neste 2015. Actualmente a zona noroeste do estado (incluíndo Asturias e León) supón unha cota do mercado dos smartphons de arredor do 7%, unha cifra que a compañía surcoreana aspira a mellorar.

Seguramente axude a esta cuestión os acordos co operador galego R (operador líder no noso país) para comercializar algunha das versións dos Galaxy S6 (lembremos que ademais do S6 / S6 Edge tamén hai versións diferentes atendendo ás cores e capacidades da memoria interna: 32 / 64 / 128 GB), aínda que polo de agora descoñecemos en que condicións.

Os novos Galaxy S6 tamén se poden reservar cos catro operadores con redes propia (Vodafone, Movistar, Orange e Yoigo) cunha estratexia de financiamento a 24 meses por uns 22 – 25 €/mes. Ademais, no caso de facer a prerreserva antes do 10 de abril, as compradoras recibirán un cargador sen fíos de xeito totalmente gratuíto co teléfono.

Sobre o autor

No Responses

Reply