Samsung incluirá Microsoft Office nunha selección de tablets

office android

Samsung e Microsoft veñen de anunciar un acordo para incluír nunha selección de tablets do fabricante surcoreano a suite ofimática Microsoft Office, como unha extensión ao anuncio previo da súa dispoñibilidade no Galaxy S6.

O acordo implica a inclusión de Word, Excel, PowerPoint, OneNote e OneDrive con 100 GB de almacenamento a maiores durante dous anos, ademais de Skype, e podería ser o primeiro paso para toda unha serie de acordos entre ambas compañías, moi ligadas ao mundo empresarial e ao educativo.

Que vos parece? Sodes usuarias deste produto?

Deixa un Comentario