Unha segunda “primeiras impresións” do Samsung Galaxy S6 Edge

samsung galaxy s6 edge coruña

Unha das principais novidades que nos achegou o último Mobile World Congress veu da man de Samsung. Entre outros productos, queremos destacar tanto o Galaxy S6 coma o Galaxy S6 Edge.

Eu non tiven a posibilidade de viaxar para coñecelos, aínda así todo o que me chegaban eran boas referencias. Onte tivemos de novo a oportunidade de probalos nun evento privado que realizou Samsung na Coruña. Descubrín que un vídeo ou unha imaxe resultan frías, porque a sensacións que nos transmite este terminal cando o tes na man fai que pase a ser a principal elección dentro da gama alta a día de hoxe. O Galaxy S6 mellora moito ao S5, pero o que máis me gustou foi o S6 Egde pola súa innovadora pantalla.

Os dous terminais resultan moi cómodos na man e cos botóns físicos ben colocados para acceder a eles dun xeito doado. A esta boa sensación en man, axuda moi moito tanto o fino que é coma  o cambio de material elixido para a súa contrucción: aluminio de alta resistencia e cristal, tanto na parte dianteira como posterior.

Agora ben, o Galaxy S6 Edge ten un plus moi importante: os laterais curvos da pantalla. Máis aló das funcionalidades extra que nos aporta esa zona (que é totalmente personalizábel) destacamos o (falso) efecto 3D conseguen con esta pantalla. Cando se reproduce un vídeo en alta calidade (4k) temos unha sensación de profundidade nunca avisto até agora neste tipo de terminais.

Pola nosa parte, agardamos probar unha unidade dentro de non moito tempo e así achegarvos unha opinión menos subxectiva deste terminal, pero o que vimos até o de agora gustounos, e gustounos moito.

Sobre o autor

Reply