R pon en prevenda o Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge

samsung galaxy s6 + edge

Tal e como adiantamos mércores, R incorpora os Samsung Galaxy S6 e Galasy S6 Edge ao seu catálogo de móbiles Android, ampliando así a listaxe de dispositivos con este sistema operativo que o operador galego de cable ten a disposición das súas clientas.

Agora a compañía vén de facer pública esta información e xa sabemos que, concretamente, R dispón das versións de 32 GB de memoria interna, e a modalidade de compra será o financiamento a 24 meses máis un pago inicial de 69 euros. Con estas condicións, os prezos finais quedan tal que así:

  • Galaxy S6: 69 + (24 x 32) = 837 €.
  • Galaxy S6 Edge: 69 + (24 x 38) = 981 €.

O modelo de financiamento de R aumenta o prezo ao que se poden adquirir estes modelos no mercado libre, onde custan 699 € (138 € menos) e 849 € (132 € menos), para o S6 e S6 Edge, respectivamente.

samsung galaxy s6 cargador

Durante este tempo de prevenda, que durará até o 10 de abril, co terminal agasállase un cargador sen fíos, accesorio oficial de Samsung.

Se queredes máis información sobre o terminal, podedes pasarvos polo artigo da súa presentación, polas nosas primeiras impresións e mesmo polas nosas (outras) primeiras impresións.

Máis info: R.

No Responses

Deixa un Comentario