O Lenovo A7000 con tecnoloxía Dolby Atmos chegará ao mercado o 7 de abril

Lenovo é uns dos fabricantes máis activos no que levamos de ano e xa nos ensinou varios dos seus terminais novos, algúns deles no MWC que tivemos hai unhas datas. Neste caso imos a falar do seu Lenovo A7000 que ten prevista a súa saída a mercado de forma oficial o día 7 de abril na India.

lenovoA7000

O Lenovo A7000 estivo no MWC e por iso xa dispoñemos das súas principais características antes do seu lanzamento.

A súa característica máis destacable pode ser a súa nova tecnoloxía Dolby Atmos, a cala mellora considerablemente o apartado de audio do noso terminal, ademáis de ser o primeiro terminal en empregalo. No resto das súas especificacións trae un procesador de 64 bits MT6752M octa core a 1.5 GHz, 2 GB de RAM e 8 GB de almacenamiento interno.
Lenovo-A7000-Portada1
Monta unha pantalla de 5,5 pulgadas cunha resolución HD de 1280 x 720 píxeles. Dispón de cámara traseira de 8 megapíxeles e outra na parte frontal cun sensor de 5 megapíxeles. En canto a súa batería, dispón dunha batería de 2900mAh o sistema operativo que trae é Android 5.0 Lollipop, pero coa propia capa de personalización da casa, a cal recibe o nome de Vibe UI.

Non podemos confirmar o prezo de lanzamento, pero no MWC falouse que podería custar sobre uns 169 dolares.

Vía

Deixa un Comentario