Subor S3 un dos primeiros terminais sen marcos laterais

Dende un tempo para aquí, case todos os fabricantes buscan a maneira de obter unha pantalla o máis grande posible aforrando o seu espazo nos marcos; desde a compañía chinesa Subor van un paso máis aló e preséntanos o seu Subor S3 o cal case non ten marcos nos seus laterais.

subor S3a

O seu frontal como a súa parte posterior están protexidas por un crsital de Corning Gorilla Glass 3. O seu tamaño é de 141,5 × 70,3 × 7,8 mm

Se profundizamos un pouco nas súas características de hardware, atopamos que incorpora unha pantalla de 5 pulgadas con resolución HD de 1280×720 píxeles, un procesador de catro núcleos MediaTek MTK6732, 1GB de RAM, 8 GB de memoria interna ampliable, unha cámara traseira e frontal de 8 megapíxeles e unha batería de 1700mAh. O sistema operativo Android é Android KitKat.

O Subor S3 está en venta en China a un precio de 1.399 yuanes, pouco máis de € 200. A día de hoxe é pouco probable que este dispositivo poida cruzar as fronteiras dese país e pórse á venda en Europa.

Vía

Sobre o autor

Reply