Vodafone e Orange preparan un acordo para compartir redes 4G

antena mobil

Dacordo a unha información publicada por Expasión, Vodafone e Orange están a preparar un acordo para compartir emprazamentos de antenas 4G, de xeito semellante a outros acordos previos de ambas compañías para compartillar antenas 2G – 3G en concellos pequenos.

Con este movemento prentenden acelerar o despregamento da redes 4G na frecuencia dos 800 MHz, liberada tras o recente apagado da TDT. Nun primeiro momento comezarían con 600 ubicacións compartidas este mesmo ano, aínda que de cara finais do 2017 esta cifra superará os 2000.

Vía

Deixa un Comentario