Canto nos custa facer unha chamada de Whatsapp?

whatsapp llamadas

Unha das novas máis comentadas nestas semanas está a ser a chegada a todos da posibilidade de facer chamadas dende a propia aplicación de Whatsapp. Na nosa opinión non é algo revolucionario para a maioría, pois hoxe en día as tarifas planas están á orde do día, máis todo o que sexa axudar ás usuarias (moitas ou poucas) benvido sexa.

Agora ben, falamos de facer chamadas gratis con Whatsapp pero non é certo ao 100% pois para facelo temos que estas conectados a unha WiFi ou usando os datos que temos contratados, o cal leva un custo, agás se nos conectamos ás redes públicas.

Tendo isto claro, a idea deste artigo non pasa por falar de cartos, se non máis ben de cantos datos móbiles podemos consumir se facemos chamadas polo Whatsapp e para ilo fixemos unha sinxela proba: apuntamos os datos consumidos polo Whatsapp até o momento, fixemos unha chamada vía Whatsapp apuntando os datos ao rematala e fixemos unha resta:

  • Datos consumidos: 3,77 megas
  • Datos ao rematar a chamada: 4,55 megas

Logo de falar 1 minuto e 26 segundos, a aplicación consumiu 0,78 megas.

Na nosa opinión é un consumo razonábel, pero temos que andarmos con ollo con esta nova funcionalidade para non quedarmos sen datos á metade do mes 😉

NOTA: a medición do consumo de datos foi realizada coa app nativa de LG dende un LG G2.

2 Comentarios

  1. Diego 6 Abril, 2015 Responder
  2. Rubenix 7 Abril, 2015 Responder

Deixa un Comentario