LG UX 4.0, a interface que estreará o LG G4

O LG G4 é un dos terminais máis agardados deste ano, sobre todo tras non ter sido presentado durante o MWC, estando previsto que se dea a coñecer a finais de mes nun evento simultáneo en diferentes países.

Xunto a el chegará a nova interface de LG, denominada LG UX 4.0, que a compañía surcoreana vén de amosar por riba nun vídeo a modo de teaser.

lg ux 4.0

Entre as novidades veremos cuestións relacionadas coa anticipación e a automatización de tarefas ou o lanzamento rápido da cámara ao premer na tecla de volume, algo que nos lembra á funcionalidade que tamén estrea este ano o Galaxy S6, aínda que nese caso na tecla inicio.

Smart Board é un widget que reúne información de diversas aplicacións (calendario, tempo, catálogo musical…) ofrecéndoa nun único lugar, e Smart Alerts servirá para notificarnos cousas atendendo ás nosas actividades. Pero nin isto é todo nin veremos ao completo as novidades de LG UX 4.0 até o momento da súa presentación.

Estamos ante un novo dispositivo que apostará non só por un hardware exixente, senón tamén por solucións software acaídas nun trebello de gama alta que se quere diferenciar e unha personalización moito máis liviá, respondendo así ás históricas queixas das usuarias disgustadas con capas que complicaban o uso dos smartphones.

Tedes ganas de coñecelo?

Sobre o autor

Reply