Primeiro spot conxunto de Vodafone e Ono

O 20 de abril será un día importante para Vodafone, xa que dará a coñecer a oferta conxunta coa fibra de Ono tras a adquisición desta empresa. Ese día descubriremos novos paquetes de fibra óptica, televisión e varias liñas móbiles con descontos, de cara á unificación da factura nunha oferta converxente.

Até ese día todo son especulacións, pero moitas fontes dan por feito a televisión incluída por defecto nas opcións de fibra, coas que acadan os 200 megas, tanto na FTTH da actual Vodafone como o HFC de Ono. Tamén se rumorea coa posibilidade de que a operadora británica achegue algunha oferta con datos ilimitados para aproveitar as capacidades da rede 4G e dar un golpe na mesa fronte á competencia.

En calquera caso, mentres agardamos ese día, podemos ver o primeiro spot no que falan da unión das dúas empresas. Serán, como din, o Dream Team das telecomunicacións?

Deixa un Comentario