O Honor 6+ estará dispoñíbel en maio por 399,99 €

 

honor 6+

Tras ser presentado no Mobile World Congress, Honor vén de anunciar a data de lanzamento e o prezo do Honor 6+, o seu novo buque insignia. Será ao longo do próximo mes de maio e, novamente, cunha aposta por prezos moi contidos para unhas especificacións técnicas destacadas: 399,99 €.

Entre as especificacións deste novo trebello destaca a súa cámara traseira dual biónica de 8 megapíxeles, cunha apertura de 95-F16, que aseguran consigue uns mellores resultados, ademais dunha frontal de 8 megapíxeles para facer selfies de gran calidade.

No interior temos un procesador de fabricación propio, o Kirin 925 de 8+1 núcleos, acompañado por 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria ROM. Dispón de batería de 3600 mAh e sistema Dual SIM – Dual Active (uso intercambiábel dual de datos con opción micro e nanoSIM compatíbel con microSD).

A pantalla é un LCD de 5,5 polgadas e o material predominante empregado para a fabricación do trebello é unha fibra de vidro semellante á que se usa para fabricar os cascos militares.

Como diciamos, o novo dispositivo de Honor ten unha moi boa relación calidade – prezo, polo que será unha boa opción para quen busque un trebello nas 5,5 polgadas.

2 Comentarios

  1. Rubenix 7 Abril, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 7 Abril, 2015 Responder

Deixa un Comentario