HTC anuncia o HTC One M9+, unha versión mellorada do M9

htc one m9+

Aínda coa resaca do MWC, onde coñecemos o HTC One (M9), HTC vén de anunciar un modelo evolucionado deste, o HTC One M9+. As principais diferenzas co dispositivo orixinal radican na pantalla, de maior tamaño e resolución, a cámara con tecnoloxía Duo e a utilización dun procesador MediaTek, que imaxinamos non terá os problemas que está a ter a versión de Qualcomm.

htc one m9+ 2

As principais especificacións son as seguintes:

  • Pantalla SUper LCD3 de 5,2 polgadas (QHD 14440 x 2560 píxeles)
  • Procesador MediaTek Helio X10 (octacore a 2,2 GHz).
  • 3 GB de RAM.
  • 32 GB de memoria interna ampliábel por microSD de até 128 GB.
  • Cámara principal de 20,7 polgadas con apertura f/2.2 e Duo Camera.
  • Cámara frontal de 4 megapíxeles (ultrapíxel).
  • Batería de 2840 mAh.
  • Lector de pegadas dixitais
  • Android 5.0 + HTC Sense 7.0.

HTC aposta porque as usuarias empreguemos os seus dispositivos para disfrutar de todo tipo de contido multimedia, e a pantalla de maior calidade é unha boa mostra diso, ao que hai que sumar tamén a presenza dos altofalantes Soundboom, compatíbeis coa tecnoloxía Dolby.

htc one m9+ 3

A cámara tamén mellora sensibelmente, xa que ao sensor de 20 megapíxeles que comparte co HTC One M9 estándar hai que sumar unha segunda cámara que ten como obxectivo mellorar o enfoque.

Polo de agora non temos información da súa comercialización, nin cando chegará ao mercado nin a prezo, aínda que podemos aventurarnos a que será antes da campaña de verán.

Sobre o autor

Reply