R xa permite aumentar o plan de datos en bloques de 100 MB

R vén de anunciar unha mellora no seu servizo de móbil que dá resposta a unha antiga demanda das súas clientas: a posibilidade de ir aumentando os datos a máxima velocidade en bloques pequenos.

Até o de agora se alguén agotaba os datos e quería seguir navegando a máxima velocidade unicamente podía reiniciar a totalidade do plan contratado, polo que se tiñamos, por exemplo, 1 GB contratado tiñamos que coller outro GB completo. Desde o punto de vista dos usuarios isto tiña pouco sentido, pois os GB extra non son económicos e dispúñase de menos tempo para os consumir.

r mais datos

Por iso destacamos o movemento anunciado onte, grazas ao cal podemos aumentar o plan de datos en bloques de 100 MB a razón de 1 € ou gratis a cambio de 100 puntos. Tamén teñen unha opción que permite coller 500 MB de vez, útil se contamos ter un consumo máis alto, pero que non supón ningún aforro por volume respecto aos bloques de 100 (500 MB = 5 € ou 500 puntos). As opcións antigas de reestablecemento total da tarifa mantéñense igual.

Vía.

Deixa un Comentario