Xa se pode mercar o Samsung Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge

galaxy s6 edge

Rematou a espera. Desde hoxe xa se poden mercar os novos terminais de Samsung, os Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge. Son, sen lugar a dúbidas, os mellores teléfonos que fixo Samsung na súa historia, e quizais por iso tamén os que mellor acollida tiveron desde a súa presentación até o seu lanzamento.

Desde que se abriu a prevenda fixéronse máis de 20 millóns de reservas en todo o mundo, das cales 100.000 foron no estado español, divididas máis ou menos ao 50% entre un e outro modelo. Estes compradores previos recibirán de agasallo un cargador sen fíos oficial, tal e como xa anunciamos hai unhas semanas.

Prezos

Para facernos cun dos novos Galaxy S6 ou Galaxy S6 Edge podemos escoller a opción do mercado libre ou das operadoras; no primeiro caso o prezo final depende da tenda, pero até o de agora non hai diferenzas cos PVP oficiais. Iso si, algunhas empresas ofrecen financiamentos máis vantaxosos ca outras para quen prefira pagalo a prazos.

  • Galaxy S6: 699 € (32 GB), 799 € (64 GB), 899 € (128 GB).
  • Galaxy S6 Edge: 849 € (32 GB), 949 € (64 GB), 1049 € (128 GB).

Se valoramos a opción das operadoras, temos moitas alternativas: desde a galega R, ás operadoras tradicionais, como Vodafone (Galaxy S6Galaxy S6 Edge), Movistar (Galaxy S6 – Galaxy S6 Edge), Orange  ou Yoigo.

Cores

Outro tema importante é o das cores, xa que desta vez hai máis ca os clásicos branco e negro, e un dos que máis gusta é o verde do Galaxy S6 Edge, que se pode mercar en AmazonEn Fnac teñen o S6 estándar en azul eléctrico e El Corte Inglés o S6 Edge dourado.

Con todo, as únicas cores comúns son branco, negro e dourado, xa que o verde é só para o Edge e o azul para o S6 estándar.

Accesorios

No que ten a ver cos accesorios, podemos elixir entre ducias de opcións, e como sempre alternativas oficiais ou de outros fabricantes, adaptadas a estes dispositivos. Como é imposíbel facer un seguemento de todas, deixámosvos as máis importantes.

Fundas: Clear View Cover e Clear Cover (35 €), Flip Wallet (30 €), Flip Cover (30 €)

s6_clear view cover

Clear View Cover

s6_clear cover

Clear Cover

s6_flip wallet

Flip Wallet

s6_flip cover

Flip Cover

Cargador sen fíos (50 €)

cargador

No Responses

Deixa un Comentario