Mininovas Android: A malla da semana

Comeza a integración de Whatsapp en Facebook

Facebook WhatsApp

Nestes días estase a falar sobre a posibilidade de que Whatsapp acabe integrado en Facebook. Filtráronse algunhas fotos que da a entender que isto será así e ademáis entraría dentro da normalidade, pois pertencen á mesma empresa sen deixar de lado a tendencia na industria de integración de servizos tan extendida hoxe en día.

Sexa como fose, nas vindeiras semanas de seguro habemos ter máis novas sobre este tema.

O Messenger de Facebook xa ten web propia

fb messenger

Facebook ben de presentar a web de escritorio propia para o seu servizo de mensaxería asociado a FB, o Facebook Messenger. Entrando en messenger.com logo de loguearnos, podemos acceder poderemos desfrutar desta aplicación de mensaxería.

zlaaatan.com, o Google de Zlatan Ibrahimovic.

zlatan

O fútbol é máis ca un deporte e para moitos só é un negocio. Sexa como fose, o certo é que todo o que rodea aos fulbolistas en moitos casos escapa da normalidade.

Acabámosnos de enterar que a estrela do Paris Saint Germain, Zlata Ibrahimovic ten o seu propio “Google” ao que podemos acceder dende zlaaatan.com. Metemos calquera palabra no buscador que nos redirecciona ao Google de verdade e os resutados que nos amosa son os artigos nos que apareza Zlatan e a palabra elixida. Por exemplo, se teclaamos MARCA os resultados obtidos son todos os artigos do diario deportivo nos que saia Ibrahimovic.

Váisenos das mans!! 😉

Sobre o autor

Reply