O LG G4 fíltase a dúas semanas da súa presentación

lg g4

O 28 de abril LG presentará o seu LG G4, pero hai unhas horas filtrouse o que sería o microsite no que a compañía surcoreana terá toda a información do terminal. A web xa non está en liña, pero durante un tempo puidéronse ver imaxes do novo terminal, así como unha listaxe de especificacións que a priori semella que non se corresponderían co novo dispositivo, xa que coincidían coas do G3.

lg g4 microsite

O novo dispositivo non supón un cambio importante de deseño fronte ao seu predecesor, aínda que se confirma certa curvatura, que malia todo non vai ser tan importante como na serie G Flex. Ten un grosor de 8,9 mm e os botóns seguirán na parte traseira, ao tempo que os marcos laterais tenden a se reducir unha vez máis, conseguindo unha relación frontal – pantalla bastante igualada.lg g4 mm

Haberá diversos acabados para as tapas traseiras (intercambiábeis), un que semella plástico ou metálico (en branco, negro e dourado) e outro en coiro, moito máis chamativo e dispoñíbel en diversas cores.

fundas

Non podemos confirmar as especificacións, pois como comentamos anteriormente eran as mesmas ca as do G3, polo que seguramente fora un xeito de completar datos no sitio a modo de proba da web. Con todo, semella que a cámara si será bastante revolucionaria, e esta imaxe podería darnos unha idea de por onde van os tiros, con moitos modos e axustes configurábeis.

lg g4 camara

Quedan xa poucas semanas para velo en directo, pero o visto até o de agora fainos pensar que LG fixo ben os deberes. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply