Dell Venue 10 7000, a nova tablet Android de Dell

Estes días coñecemos un novo dispositivo do fabricante americano. Desta volta é unha tableta con Android no seu interior e un deseño moi atractivo. Esta tableta é a Dell Venue 10 7000.

dell venue 10 01

O que máis destacada nesta tableta é o seu deseño: é moi delgada, tan só 6,2mm e axustan moito a pantalla para reducir ao máximo posíbel os marcos. Ademáis na parte inferior atopamos un borde con forma de cilindro no que están aloxados os altofalantes e que ademáis serve de soporte para o teclado físico.

dell venue 10 02

O resto de características que debemos sinalar son as seguintes:

  • Pantalla de 10,5 polgadas.
  • Resolución qHD, 2560×1600.
  • 2 gigas de ram.
  • Procesador quad-core de Intel: o Atom Z3580.
  • Batería de 7000 mAh.
  • Android Lollipop.
  • Peso: 598 gramos (en gran parte pola presenza do cilindro)

Sairá ao mercado este mesmo mes e polo de agora só a imos atopar nos EUA e na China aínda que pouco a pouco chegará a máis mercados. En canto aos prezos, sabemos que se comercializará dende 499$ e se a queremos co teclado debemos sumar 130$ máis.

Que vos parece esta proposta de Dell?

Sobre o autor

Reply