Huawei P8: así é o novo smartphone de Huawei

A chinesa Huawei vén de anunciar nun evento en Londres o seu novo buque insignia, o Huawei P8, un dispositivo que levábamos tempo agardando, xa que as primeiras informacións apuntaban a que sería presentado durante o MWC en Barcelona.

p8 07

O novo trebello pretende medirse de ti a ti con outros trebellos de gama alta, polo que as súas especificacións están a ese nivel. A súa pantalla é un panel de 5,2 polgadas con resolución 1080p e para o procesador escolleron un modelo fabricado pola propia marca, o Kirin 930/935, de 8 núcleos (A53 4×2 Ghz e A53 4x 1.5 Ghz) e 64 bits.

p8 04

Ademáis destacamos os 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna alimentados por unha batería de 2600 mAh coa que chegaremos ao final do día sen problemas cun uso intenso e até día e medio cun uso máis moderado.

No apartado da cámara, a principal ten un sensor de 13 megapíxeles e a frontal de 8, o cal está por riba do habitual. aínda que cada vez é máis frecuente. Na presentación aos medios, aseguran que melloraron a cámara para acadar un mellor rendemento en condicións de pouca luz e alto rango dinámico. Para isto apóianse nun estabilizador óptico de imaxe sen precisar que a cámara sobresaia do corpo do terminal. Algúns exemplos dos resultados, facilitados por Huawei:

p8 02 p8 03

Temos que destacar as numerosas solucións que presentaron hoxe con este Huawei P8, pois contamos con Voice+ (para mellorar a calidade das chamas), Roaming+ (mellora a velocidade neste tipo de conexións), Wifi+ (para conectarse á wifi de máis calidade dun xeito automático) entre outras.

En canto a deseño, o fabricante volve apostar por un dispositivo delgado de só 6.4mm e que concentra os botóns nun lateral. Ademais, os biseles arredor da pantalla redúcense, polo que a relación dispositivo – pantalla é moito mellor. Atoparemos este P8 en difrentes cores (gris, champán, ouro e negro) e en varios acabados e segundo os cales varía o prezo:

  • Versión Standard: 3 gigas de RAM e 16 gigas de ROM, por 499€
  • Versión Premium: 3 gigas de RAM e 64 gigas de ROM, por 599€

p8 06

Ademáis, sen agardalo, ao final houbo un mítico one more thing e presentouse o Huawei P8 MAX, un phablet de 6.8″ moi parecido ao P8, do que podemos destacar a soprendente atonomía xa que segundo Huawei cos 4350 mAh chegamos a 2,23 días. Os prezos do P8 MAX son:

p8 max 01

Que vos parecen as novidades presentadas por Huawei?

Sobre o autor

No Responses

Reply