Novo vídeo promocional do LG Watch Urbane

Á espera que da súa chegada ó mercado a compañía LG Electronics ven de publicar un novo vídeo promocional sobre un dos seus SmartWatch con Android Wear. Estamos a falar do LG Watch Urbane.

O LG Watch Urbane integra un procesador de 1,2 GHz Qualcomm Snapdragon 400, unha pantalla OLED-P 1,3 cunha resolución de 320 x 320 píxeles, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna. O dispositivo é resistente á agua e o po con certificación IP67. As súas dimensións son 45,5 x 52,2 x 10,9 mm. A batería é de 410mAh.

Nos últimos días xa se pode mercar o modelo con soporte para redes LTE e con conectividade Wi-Fi pero polo de agora só en Corea del Sur.

Se premedes nos enlaces atoparedes unha descripción máis amplia polo meu compañeiro Iago

Deixa un Comentario