File Transfer, unha app coa que compartir arquivos sen límite de tamaño

infinit 03

Vivimos uns tempos nos que os servizos de almacenamento na nube forman parte do noso día a día. Nalgúns servizos atopamos limitacións e esta é a razón para falarvos de File transfer, by Infinit.

Con esta app podemos compartir tanto con amigos (vía mail) coma entre dispositivos de todo tipo de arquivos sen límite de tamaño e multiplataforma (Android, iOS e PC).

O seu funcionamento é moi sinxelo. Abrimos a aplicación e vemos o seguinte:

2015-04-07-15-33-28

Só temos que premer no botón vermello para chegar á nosa galaría de imaxes, eliximos a que queremos compartir e a continuación o contacto ao que lla queremos enviar. Sinxelo non?

Por outra banda, se queremos compartir un arquivo que recibimos por mail no noso Android por exemplo, so temos que ir á carpeta onde o descargamos e darlle a compartir. Na lista de apps aperecerá Infinit (sempre que a teñamos instalada, claro), prememos sairá a lista de contactos cos que compartirlo. Listo.

O certo é que está aplicación ten un deseño moi sinxelo, sen opcións innecesarias o que fai que sexa moi rápido e doado utilizala. Se pensades que esta aplicación pode axusdarvos no voso día a día, só tedes que premer nesta ligazón á Play Store e descargala de balde.

Deixa un Comentario